Axenda


Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.


Pase do documental “A Loita Final”, o 13 de maio en Ferrol

Ateneo Ferrolán, Ferrol Rúa Magdalena 202, Ferrol, A Coruña, Spain

Unha oportunidade de achegarnos á realidade dos posibles efectos da implantación da planta Altri en Palas de Rei. Posteriormente haberá un coloquio con Enrique e Mabel.

Desenvolvemento sostible e cultura do coidado, 27 de maio en Teis

Local da nosa Sra. das Neves, Teis Avenida de Galicia, 37, Teis, Pontevedra, Spain

Este martes 27 de maio, Plataforma Ulloa Viva formará parte da mesa redonda “Desenvolvemento sostible e cultura do coidado”, nos 10 anos da encíclica Laudato Si.

Pase do documental “O Ulla sí”, o 20 de xuño en Rianxo

Auditorio, Rianxo Rúa dos autores da rianxeira, s/n, Rianxo, A Coruña, Spain

O vindeiro venres 20 de xuño a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai dar acollida á proxección dun proxecto audiovisual colectivo para repensar o presente e futuro do Ulla: o documental O Ulla si, impulsado pola Fundación Entretantos coa colaboración de Agrocuir e a Plataforma Ulloa Viva.