Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.
Pase do documental “A Loita Final”, o 21 de maio en Compostela
Gentalha do Pichel, Santiago de Compostela Santa Clara, 21, Santiago de Compostela, A Coruña, SpainUnha nova oportunidade de ver este documental sobre o impacto que a implantación da macrocelulosa Altri tería no territorio galego.
Pase do documental “A Loita Final”, o 23 de maio en Lalín
Café Camilo, Lalín Joaquim Loriga, 7, Lalín, Pontevedra, SpainA Loita Final, de Enrique Banet e Mabel Rivera, aborda o problema da eucaliptización de Galicia. Sumado ao precedente de ENCE, o proxecto GAMA pon en perigo todo o Ulla
“Andaina conmemorativa: Un ano da manifestación de Palas de Rei”, 24 de maio
Concello, Palas de Rei Avenida de Compostela, 18, Palas de Rei, Lugo, SpainEn recordo de que hai un ano fixemos historia en Palas de Rei, conmemoramos esa data tan bonita e convidámosvos a participar nesta andaina colectiva
Marcha contra as celulosas: Nin Ence na ría, nin Altri na Ulloa, 1 de xuño en Marín e Pontevedra
A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) xunto á Plataforma por unha Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (Pedra) convocamos unha nova Marcha, desta volta contra Ence e Altri e con carácter nacional.
Feira “Fiando vida”, o 28 de xuño en Agolada
Os Pendellos (Agolada) Calella Maior, 9, Agolada, Pontevedra, SpainUnha feira onde reivindicar a moda sostible, vintage e de segunda man. Un tecido entre as nosas raíces e un futuro sen ALTRI!