Axenda


Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.


Manifestación contra os lumes

Santiago de Compostela

"O EXPOLIO DO RURAL QUEIMA O MONTE E O FUTURO" Rural con futuro SI, vida SEMPRE.

Territorios (trans)feridos

Casa-escola de Peibás Antas de Ulla, Spain

Nun tempo no que o territorio rural se enfronta a presións extractivas e á sobrepresións turisticas cómpre repensar o papel do turismo como ferramenta para reforzar identidades, dinamizar economías locais …

Proxección de “A loita final” en Arzúa

O venres, 17 de outubro, proxectarase na Casa de Correos de Arzúa o documental "A loita final", con Henrique Banet e Mabel Ribera. Será ás 20:00 horas e haberá, posteriormente, …

Nin Altri na Ulloa, nin Ence na Ría, nin ruína de Arousa

Liceo de Ourense Lamas Carvajal, 5, Ourense, Ourense, Spain

O Grupo Vivo da Plataforma Ulloa viva en Ourense organiza unha palestra baixo o título "Nin Altri na Ulloa, nin Ence na Ría, nin ruína de Arousa". Será no salón …

Cadea humana en defensa do río Ulla

O domingo 9 de novembro, a Plataforma Ulloa Viva e Mina Touro O Pino Non organizamos unha marcha reivindicativa que sairá simultaneamente, ás 11:30 horas, de dous puntos: dende a …

PREMIO FOUCE DE OURO 2025 Á PLATAFORMA ULLOA VIVA

Biblioteca Pública de Nigrán praza de Fornes s/n, Nigrán, Pontevedra, Spain

Este venres, 14 de novembro, Lucenza-Ateneo de Nigrán fará entrega á Plataforma Ulloa do Viva do premio Fouce de Ouro 2025, co que esta asociación distingue entidades que destacan pola …

Palestra en Teo sobre as ameazas do río Ulla

Mediateca do Grilo, Teo

O xoves 4 de decembro, ás 19.30 horas, Xocas Rubido, da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa e Irene Tato, da Ulla Viva, falarán sobre a situación actual das …

De Melide a Compostela correndo polo Ulla

Melide , Spain

O domingo, 7 de decembro, realizarase unha carreira reivindicativa en defensa do río Ulla. Os e as participantes poderán facela completa dende Melide (50 Kms. saíndo ás 7:30 horas) ou …