Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.
Calendario de Eventos
Pasados Eventos
Presentación do nº 8 de Cairón, con artigos sobre o conflito de Altri, o 11 de maio en Palas de Rei
Concello, Palas de Rei Avenida de Compostela, 18, Palas de ReiDomingo 11 de maio ás 12 horas. Palas de Rei (Salon de plenos da Casa do Concello). Organiza Instituto de Estudos Ulloáns (IEU). Este boletín do Instituto de Estudos Ulloáns presenta un especial sobre "O conflito de Altri": “A liberdade da auga. Conferencia en Melide”. Autor: Joaquín Araújo. Tradución ao galego: Xulio Cuba Orosa. “O …
Pase do documental “A Loita Final”, o 9 de maio en Pontevedra
Facultade de Belas Artes, Pontevedra Maestranza, 2, PontevedraDirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera, sobre os posibles efectos da implantación da macrocelulosa de Altri no corazón de Galicia.
Concentración “Altri Non!”, 8 de maio en Madrid
Congreso dos Deputados, Madrid Plaza de las Cortes, 1, MadridEstaremos ante o Congreso dos deputados para esixir ao goberno español que rexeite a macrocelulosa e respecte a vontade do pobo galego.
