Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.
Calendario de Eventos
Pasados Eventos
Campaña para financiar a estratexia xudicial da Plataforma Ulloa Viva para frear a instalación da macrocelulosa de Altri
Defendémonos grazas a moito traballo feito de forma voluntaria. Pero agora, precisamos os recursos económicos para as diferentes accións xudiciais
Presentación do documental “A Loita Final”
Casa da Cultura, Palas de Rei Praza da Ulloa, s/n, Palas de ReiConvidámosvos o vindeiro sábado 12 de abril, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Palas de Rei, á presentación do documental "A Loita Final". Un documental dirixido por Enrique Banet e producida por Mabel Rivera sobre os posibles efectos da implantación da fábrica de macrocelulosa Altri no corazón de Galicia. Esperámosvos!
Manifestación por terra e por mar: Non a Altri, Non á mina de Touro – O Pino
Estación de autobuses - A Pobra do Caramiñal Carretera del Puerto Comercial s/n, A Pobra do CaramiñalA Pobra do Caramiñal. 22 de marzo de 2025, 12 h. Saída da Estación de autobuses. Neste 22 de marzo, acompañaremos á Plataforma en Defensa da Ría de Arousa a reclamar, entre outras cousas, a protección do marisqueo fronte aos proxectos extractivistas que queren acabar cos recursos naturais dos que dispoñemos. Consulta os autobuses e …
