Axenda


Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.


Loading Eventos

« Todos os Eventos

Clima de mentiras: El caso de la macrocelulosa de Altri en Galicia, o 25 de xuño en Madrid

Xuño 25 @ 18:30 - 20:00

Cartaz do faladoiro Clima de mentiras, embustes sobre Altri

Mércores 25 de xuño, ás 18:30 horas. Madrid (Espazo Ecooo). Organiza Ecooo Enerxía Cidadá.

Nesta sesión organizada por Ecooo Enerxía Cidadá analizarase como a dereita e os intereses empresariais están a utilizar a desinformación climática para xustificar proxectos destrutivos como o de Altri en Galicia. Entenderemos a relación directa que hai entre Altri e as fake news.

Reflexionarase sobre como os embustes disfrazados de transición ecolóxica están a debilitar a ciencia, dividindo comunidades e desmobilizando ao medio rural. Falaremos das conexións entre negacionismo, extractivismo e discursos “anti-Axenda 2030”, da manipulación nos medios e do papel clave do xornalismo e a comunicación comunitaria fronte á mentira climática.

Unha sesión para comprender mellor o mapa de poder detrás do espolio verde… e para tecer alianzas desde a verdade e a resistencia.

Poñentes

Inscripcións

Inscrición gratuíta na web de Ecooo.

Poñentes do faladoiro Clima de mentiras, embustes sobre altri

Detalles

Data:
Xuño 25
Hora:
18:30 - 20:00
Website:
https://ecooo.es/blog/clima-de-mentiras-el-caso-la-macrocelulosa-altri-en-galicia/

Lugar

Espazo Ecooo, Madrid
Escuadra, 11
Madrid, Madrid 28012 Spain
+ Mapa de Google

Organiza

Ecooo