Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.

- This evento has passed.
Conferencia de Sonia Villapol, o 20 de xuño en Lugo
Xuño 20 @ 19:00 - 20:30

Venres 20 de xuño ás 19 horas. Lugo (Vello Cárcere). Organiza Concello de Lugo.
Co título “A contaminación das celulosas e a nosa saúde: Que sabemos?. O caso de Altri”, esta charla ofrecerá unha oportunidade única para coñecer de primeira man a visión experta da neurocientífica Sonia Villapol sobre os riscos e consecuencias da contaminación xerada polas plantas de celulosa, un asunto de máxima actualidade e relevancia social en Galiza.