
Convocatoria de asemblea xeral ordinaria da plataforma
Abril 20 @ 12:00 - 18:00

Domingo 20 de abril, 16 h. Palas de Rei (Os Chacotes).
Como vimos de comunicar hai uns días xs socixs, a asemblea xeral ordinaria terá lugar o próximo domingo, 20 de abril de 2025. Coa finalidade de poder artellar e alixeirar a loxística da asemblea e facer as reservas pertinentes dos espazos, precisábamos estimar un número posible de persoas asistentes, e para iso necesitamos que nos achegues a seguinte información completando o formulario de inscrición na asemblea xeral. Ao mesmo tempo, no mesmo formulario existe información relevante para o acto que pode ser do teu interese.
Para ese mesmo día, propoñemos unha xornada máis completa de mañá, para que todo o mundo, tamén as persoas de máis lonxe, poidan desfrutar da convivencia.