Axenda


Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.


“Non somos terra de sacrificio”, o 6 de maio en Ourense

Edificio de Ferro, Ourense Rúa Telleira, 7, Ourense, Ourense, Spain

Toda a cidadanía convidada a participar neste faladoiro “Non somos terra de sacrificio: Comunidades en loita pola defensa do territorio e da vida”, con expertos e plataformas, no marco da celebración das II Xornadas de Traballo Social Ecosocial.

Pase do documental “A Loita Final”, o 7 de maio na Torre

Casa Común, A Torre Lugar Torre, 64, Teo, A Coruña, Spain

Unha obra na que Mabel Rivera e Enrique Banet profundizan sobre o proxecto de instalación dunha macrocelulosa en Palas de Rei, e a afectación que terá a toda a zona

Concentración “Altri Non!”, 8 de maio en Madrid

Congreso dos Deputados, Madrid Plaza de las Cortes, 1, Madrid, Madrid, Spain

Estaremos ante o Congreso dos deputados para esixir ao goberno español que rexeite a macrocelulosa e respecte a vontade do pobo galego.

Pase do documental “A Loita Final”, o 13 de maio en Ferrol

Ateneo Ferrolán, Ferrol Rúa Magdalena 202, Ferrol, A Coruña, Spain

Unha oportunidade de achegarnos á realidade dos posibles efectos da implantación da planta Altri en Palas de Rei. Posteriormente haberá un coloquio con Enrique e Mabel.

Pase do documental “A Loita Final”, o 23 de maio en Lalín

Café Camilo, Lalín Joaquim Loriga, 7, Lalín, Pontevedra, Spain

A Loita Final, de Enrique Banet e Mabel Rivera, aborda o problema da eucaliptización de Galicia. Sumado ao precedente de ENCE, o proxecto GAMA pon en perigo todo o Ulla