Axenda


Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.


Concentración “Altri Non!”, 8 de maio en Madrid

Congreso dos Deputados, Madrid Plaza de las Cortes, 1, Madrid, Madrid, Spain

Estaremos ante o Congreso dos deputados para esixir ao goberno español que rexeite a macrocelulosa e respecte a vontade do pobo galego.

Pase do documental “A Loita Final”, o 13 de maio en Ferrol

Ateneo Ferrolán, Ferrol Rúa Magdalena 202, Ferrol, A Coruña, Spain

Unha oportunidade de achegarnos á realidade dos posibles efectos da implantación da planta Altri en Palas de Rei. Posteriormente haberá un coloquio con Enrique e Mabel.

Desenvolvemento sostible e cultura do coidado, 27 de maio en Teis

Local da nosa Sra. das Neves, Teis Avenida de Galicia, 37, Teis, Pontevedra, Spain

Este martes 27 de maio, Plataforma Ulloa Viva formará parte da mesa redonda “Desenvolvemento sostible e cultura do coidado”, nos 10 anos da encíclica Laudato Si.