Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.
Concentración “Altri Non!”, 8 de maio en Madrid
Congreso dos Deputados, Madrid Plaza de las Cortes, 1, Madrid, Madrid, SpainEstaremos ante o Congreso dos deputados para esixir ao goberno español que rexeite a macrocelulosa e respecte a vontade do pobo galego.
Pase do documental “A Loita Final”, o 9 de maio en Pontevedra
Facultade de Belas Artes, Pontevedra Maestranza, 2, Pontevedra, Pontevedra, SpainDirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera, sobre os posibles efectos da implantación da macrocelulosa de Altri no corazón de Galicia.
Presentación do nº 8 de Cairón, con artigos sobre o conflito de Altri, o 11 de maio en Palas de Rei
Concello, Palas de Rei Avenida de Compostela, 18, Palas de Rei, Lugo, SpainDomingo 11 de maio ás 12 horas. Palas de Rei (Salon de plenos da Casa do Concello). Organiza Instituto de Estudos Ulloáns (IEU). Este boletín do Instituto de Estudos Ulloáns …
Pase do documental “A Loita Final”, o 13 de maio en Ferrol
Ateneo Ferrolán, Ferrol Rúa Magdalena 202, Ferrol, A Coruña, SpainUnha oportunidade de achegarnos á realidade dos posibles efectos da implantación da planta Altri en Palas de Rei. Posteriormente haberá un coloquio con Enrique e Mabel.
Pase do documental “A Loita Final”, o 16 de maio en Vigo
CS A Nubeira, Vigo Pizarro, 6, Vigo, Pontevedra, SpainSe inda non tes clara a túa posición fronte o que está a pasar na comarca do Ulla, neste documental Enrique Banet e máis Mabel Rivera explícanche todo.
Convocatoria de asemblea extraordinaria da plataforma
Os Chacotes, Palas de Rei Palas de Rei, Lugo, SpainSábado 17 de maio, 16 horas. Palas de Rei (Pavillón dos Chacotes). Consulta aquí a documentación asociada á asemblea.
Pase do documental “A Loita Final”, o 21 de maio en Compostela
Gentalha do Pichel, Santiago de Compostela Santa Clara, 21, Santiago de Compostela, A Coruña, SpainUnha nova oportunidade de ver este documental sobre o impacto que a implantación da macrocelulosa Altri tería no territorio galego.
Pase do documental “A Loita Final”, o 23 de maio en Lalín
Café Camilo, Lalín Joaquim Loriga, 7, Lalín, Pontevedra, SpainA Loita Final, de Enrique Banet e Mabel Rivera, aborda o problema da eucaliptización de Galicia. Sumado ao precedente de ENCE, o proxecto GAMA pon en perigo todo o Ulla
“Andaina conmemorativa: Un ano da manifestación de Palas de Rei”, 24 de maio
Concello, Palas de Rei Avenida de Compostela, 18, Palas de Rei, Lugo, SpainEn recordo de que hai un ano fixemos historia en Palas de Rei, conmemoramos esa data tan bonita e convidámosvos a participar nesta andaina colectiva
Marcha contra as celulosas: Nin Ence na ría, nin Altri na Ulloa, 1 de xuño en Marín e Pontevedra
A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) xunto á Plataforma por unha Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (Pedra) convocamos unha nova Marcha, desta volta contra Ence e Altri e con carácter nacional.
Feira “Fiando vida”, o 28 de xuño en Agolada
Os Pendellos (Agolada) Calella Maior, 9, Agolada, Pontevedra, SpainUnha feira onde reivindicar a moda sostible, vintage e de segunda man. Un tecido entre as nosas raíces e un futuro sen ALTRI!