Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.
Desenvolvemento sostible e cultura do coidado, 27 de maio en Teis
Local da nosa Sra. das Neves, Teis Avenida de Galicia, 37, Teis, Pontevedra, SpainEste martes 27 de maio, Plataforma Ulloa Viva formará parte da mesa redonda “Desenvolvemento sostible e cultura do coidado”, nos 10 anos da encíclica Laudato Si.
“Altri e Ence, espolio e secuestro do territorio”, o 30 de maio en Marín
Biblioteca Municipal Vidal Pazos, Marín Avenida de Ourense, 8, Marín, Pontevedra, SpainEste venres na biblioteca municipal Vidal Pazos teremos un faladoiro para explicar por que queremos a ENCE fóra da ría e por que berramos ALTRI NON!
Marcha contra as celulosas: Nin Ence na ría, nin Altri na Ulloa, 1 de xuño en Marín e Pontevedra
A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) xunto á Plataforma por unha Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (Pedra) convocamos unha nova Marcha, desta volta contra Ence e Altri e con carácter nacional.
Impacto da macrocelulosa Altri na biodiversidade, 4 de xuño en Ourense
Liceo de Ourense Lamas Carvajal, 5, Ourense, Ourense, SpainActo aberto de información e debate. Intervirán e debaterán co público Xosé Lois González, Xurxo Mouriño e Miguel Leiva.
Adega: 50 anos coidando a terra, o 7 de xuño en Lugo
Pazo de Feiras e Congresos, Lugo Avenida dos Deportes, s/n, Lugo, Lugo, SpainPresentación de "Altri: evidencias e incertezas", por Ana Fernández Santamariña, e mesa informativa da Plataforma Ulloa Viva
Pase do documental “A loita final”, o 12 de xuño en Pontedeume
Casa da Cultura, Pontedeume Pº de Raxoi, 1, Pontedeume, A Coruña, SpainProxección do documental ‘A loita final’, dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera, para dar visibilidade a problemática da instalación da macrocelulosa de Altri e coloquio coa productora.
Pase do documental “A loita final”, o 13 de xuño en Dodro
Pavillón polideportivo, Dodro Lugar de Tallós, s/n, Dodro, A Coruña, SpainVenres 13 de xuño ás 20 horas. Dodro (Pavillón de deportes). Organiza Concello de Dodro. Dirixido por Enrique Banet e producido por Mabel Rivera. Un traballo que analiza os posibles …
Pase do documental “A loita final”, o 14 de xuño en Compostela
Numax, Santiago de Compostela Concepción Arenal, 9, Santiago de Compostela, A Coruña, SpainO acceso é gratuíto até completar aforo. A sesión contará coa presenza de Enrique Banet e Mabel Rivera, xunto coa neurocientífica Sonia Villapol.
Conferencia de Sonia Villapol, o 20 de xuño en Lugo
Vello Cárcere, Lugo Praza da Constitución, s/n, Lugo, Lugo, SpainCo título "A contaminación das celulosas e a nosa saúde: Que sabemos?. O caso de Altri", esta charla ofrece unha oportunidade para coñecer a visión experta de Sonia Villapol
Pase do documental “O Ulla sí”, o 20 de xuño en Rianxo
Auditorio, Rianxo Rúa dos autores da rianxeira, s/n, Rianxo, A Coruña, SpainO vindeiro venres 20 de xuño a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai dar acollida á proxección dun proxecto audiovisual colectivo para repensar o presente e futuro do Ulla: o documental O Ulla si, impulsado pola Fundación Entretantos coa colaboración de Agrocuir e a Plataforma Ulloa Viva.
Clima de mentiras: El caso de la macrocelulosa de Altri en Galicia, o 25 de xuño en Madrid
Espazo Ecooo, Madrid Escuadra, 11, Madrid, Madrid, SpainAnalizarase como a dereita e os intereses empresariais están a utilizar a desinformación climática para xustificar proxectos destrutivos como o de Altri
Feira “Fiando vida”, o 28 de xuño en Agolada
Os Pendellos (Agolada) Calella Maior, 9, Agolada, Pontevedra, SpainUnha feira onde reivindicar a moda sostible, vintage e de segunda man. Un tecido entre as nosas raíces e un futuro sen ALTRI!