Axenda
Nesta páxina difundimos eventos relacionados coa loita contra Altri, organizados tanto pola Plataforma Ulloa Viva como por outras asociacións ou institucións.
Marcha contra as celulosas: Nin Ence na ría, nin Altri na Ulloa, 1 de xuño en Marín e Pontevedra
A Asociación Pola Defensa da Ría (APDR) xunto á Plataforma por unha Ulloa Viva e a Plataforma en Defensa da Ría de Arousa (Pedra) convocamos unha nova Marcha, desta volta contra Ence e Altri e con carácter nacional.
Impacto da macrocelulosa Altri na biodiversidade, 4 de xuño en Ourense
Liceo de Ourense Lamas Carvajal, 5, Ourense, Ourense, SpainActo aberto de información e debate. Intervirán e debaterán co público Xosé Lois González, Xurxo Mouriño e Miguel Leiva.
Adega: 50 anos coidando a terra, o 7 de xuño en Lugo
Pazo de Feiras e Congresos, Lugo Avenida dos Deportes, s/n, Lugo, Lugo, SpainPresentación de "Altri: evidencias e incertezas", por Ana Fernández Santamariña, e mesa informativa da Plataforma Ulloa Viva
Pase do documental “O Ulla sí”, o 20 de xuño en Rianxo
Auditorio, Rianxo Rúa dos autores da rianxeira, s/n, Rianxo, A Coruña, SpainO vindeiro venres 20 de xuño a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai dar acollida á proxección dun proxecto audiovisual colectivo para repensar o presente e futuro do Ulla: o documental O Ulla si, impulsado pola Fundación Entretantos coa colaboración de Agrocuir e a Plataforma Ulloa Viva.
Feira “Fiando vida”, o 28 de xuño en Agolada
Os Pendellos (Agolada) Calella Maior, 9, Agolada, Pontevedra, SpainUnha feira onde reivindicar a moda sostible, vintage e de segunda man. Un tecido entre as nosas raíces e un futuro sen ALTRI!