Convocatoria de asemblea extraordinaria da plataforma

Convocatoria de asemblea extraordinaria da plataforma

Como vimos de comunicar hai uns días xs socixs, a asemblea xeral ordinaria terá lugar o 17 de maio de 2025 no Pavillón dos Chacotes en Palas de Rei, ás 16 h.

Consulta aquí a documentación asociada á asemblea.

Lembramos aos socixs que se así o desexan poden presentar na asemblea emendas (verbais ou por escrito) ás propostas de acordo incluídas na parte resolutiva da Orde do día. Aos efectos de poder entregar ditas emendas ás persoas asistentes á Asemblea, a Xunta Directiva agradecería o envío das mesmas con antelación suficiente.

Campaña de financiamento

Tamén queremos festexar con todxs vós que estamos a piques de chegar ao mínimo na nosa campaña para financiar a loita xudicial contra Altri.

Moitas grazas pola colaboración, apoio e por ser parte da Plataforma Ulloa Viva!

Campaña de goteo contra Altri, a piques de chegar ao mínimo